CRTVG

Buscar

Bos días

Paulo Fonseca, adestrador do Shakhtar, comparece disfrazado de 'El Zorro' despois de gañarlle ao City

Publicado o 07/12/2017 10:01

E agora ímoslles amosar unha imaxe ben curiosa. Deste xeito apareceu o técnico do Shakhtar Donestk, Paulo Fonseca, na conferencia de prensa

despois de que o seu equipo lograra o pase aos oitavos de final da Champions. Conseguiu algo que semellaba imposible, gañarlle ao Manchester City de Guardiola 2-1. Na previa xa avisara "Sei que non me cren, pero sucederá". Sucedeu e tivo que cumprir coa súa promesa e saír á sala de prensa disfrazado de El Zorro. A imaxe dará a volta ao mundo pero reflicte o importante que é para o club ucraíno clasificarse para a seguinte rolda da competición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

07/12/2017