CRTVG

Buscar

Paula Otero, unha nadadora que promete dar moito que falar

Publicado o 17/08/2021 16:00

Con 17 anos xa é campioa de España absoluta dos oitocentos e dous mil cincocentos libres

Non perdan de vista esta rapaza do Club Natación Arteixo, porque promete dar moito que falar. O seu ano é para enmarcar. De terceira no Europeo júnior a campioa de España desa categoría, e tamén absoluta cando aínda non acadou a maioría de idade. Mesmo lle resulta difícil crelo.

No campionato de España beneficiouse da ausencia de Mireira Belmonte polos Xogos Olímpicos, unha das súas grandes referencias.

A súa ambición non é pouca, pero con xeito.

Á súa idade, precisamente, tempo é o que lle sobra.

 

Noticias web

17/08/2021