CRTVG

Buscar

Paula Dapena recibe ameazas e tamén agarimo tras negarse a homenaxear a Maradona

Publicado o 30/11/2020 14:56

"Un deportista debe ir máis alá dunhas cualidades"

O sábado en Abegondo, nun alarde de personalidade e valentía, Paula Dapena sentouse no chan e xirou o corpo. Así reaccionaba ao minuto de silencio por Maradona. É xogadora do Interrías.

Considera a Maradona un agresor, un mal exemplo para a sociedade. Paula recibiu ata ameazas de morte

Paula Dapena é a neta de Cholo, o mítico capitán do Pontevedra do 'Hai que Roelo' Cholo é o seu ídolo.

Noticias web

30/11/2020