CRTVG

Buscar

Paula Badosa accede a cuartos; Carreño, eliminado

Publicado o 06/06/2021 21:21

Os oitavos comezaron con vitoria de Paula Badosa, única supervivente no cadro feminino. Venceu a Marketa Vondrousova por 6-4, 3-6 e 6-2 e métese por primeira vez nos cuartos dun grande. A catalá vaise situar ás portas do top 30 cando se actualice a clasificación.

Quen non estará na seguinte rolda é Pablo Carreño, eliminado por Stefanos Tsitsipas. O grego, que dominou o encontro por completo, presenta a súa candidatura ao título tras ser semifinalista en 2020.

Noticias web

06/06/2021