CRTVG

Buscar

Paula, a creadora galega de orixe caboverdiana que arrasa nas redes sociais

Publicado o 20/08/2021 20:43

En Burela conviven 44 nacionalidades, e estímase que un 10 % da súa poboación é negra, formada principalmente polos caboverdianos que chegaron á vila nos 80 e polos seus descendentes. Están moi integrados no tecido social mariñao e destacan en campos como o deporte ou a música.

E agora, tamén nas redes sociais grazas ao traballo de Paula Jorge, unha creadora de contidos con máis de 150.000 visualizacións dalgúns dos seus vídeos. Fala de moda, de beleza ou maquillaxe. Este foi o punto de partida da súa intervención nas redes sociais.

Paula ten 32 anos e hai catro que empezou nas redes sociais. Algúns dos seus vídeos conseguiron máis de 150.000 visitas. No Instagram céntrase na moda; no tiktok e no Youtube céntrase na maquillaxe.

Estudou maxisterio e agora, ademais e preparar as oposicións para mestra de primaria, traballa de camareira en Mondoñedo, a onde se despraza cada fin de semana dende a súa Burela natal.

Galega ao máximo, un dos seus obxectivos é visitar a súa familia en Caboverde cando a pandemia llo permita

 

Noticias web

20/08/2021