CRTVG

Buscar

Paula, 22 anos, ingresada cunha pneumonía bilateral: "Non é unha broma"

Publicado o 23/07/2021 15:38

Nas últimas dúas semanas 4.900 mozos galegos de entre 20 e 29 anos infectáronse por coronavirus. Paula, viguesa de 22 anos, deixa o seu testemuño. Ela chegou a ter que ingresar no hospital. Diagnosticáronlle unha pneumonía bilateral, que a obrigou a permanecer tres días ingresada neste hospital onde nas últimas horas recibiu a alta.

Pensou que pasaría a enfermidade na casa como a maioría dos mozos ata que os síntomas comezaron a facerse máis severos. Conta que foi o peor para ela e deixa un consello: "Non é unha broma, hai que coidarse e o máis importane é parar este virus coa axuda de todos".

Durante os últimos días aumentan as hospitalizacións por Covid ao tempo que descende a idade dos ingresados. O caso de Paula repítese na maioría dos hospitais galegos onde hai mozos coa infección en planta.
 

Noticias web

23/07/2021