Pau Gasol volve ao Barça
Publicado o 23/02/2021 19:57
Pau Gasol volve á Liga ACB. O pivote catalán vestirá de novo as cores do Barcelona. Esta mesma tarde o propio Gasol confirmou a noticia.
O xogador, de 40 anos, leva uns meses afinando a súa posta a punto logo da operación no pé esquerdo que o tivo apartado das pistas os últimos dous anos. Gasol volve ao club onde se formou e co que xa gañou unha liga e unha copa. Chega xusto a tempo para a fase final da Euroliga, un dos poucos trofeos que lle faltan nun palmarés en que destacan tamén dous aneis da NBA cos Lakers.
Gasol aproveitará estes meses de competición para se probar con vistas aos Xogos Olímpicos de Toquio e onde lle poñería o ramo a unha carreira excepcional. Así explicaba o propio Gasol o seu retorno.