CRTVG

Buscar

Patxi López é elixido presidente da comisión da reconstrución

Publicado o 07/05/2020 10:46

O deputado socialista Patxi López foi elixido como presidente da comisión para a reconstrución social e económica que se acaba de constituír no Congreso. Era a proposta do Grupo Socialista, fronte á que postulou o PP, que propuxera a Ana Pastor.

López foi elixido en segunda votación a man alzada mediante voto ponderado por maioría simple, con 156 sufraxios, mentres que Pastor obtivo 91 votos e houbo outros 37 en branco.

O grupo parlamentario de Vox, que pedira que as votacións se celebrasen de forma secreta con papeleta en urna, anunciou que non participaría ao considerar que se vulnerou o procedemento.

Neste novo órgano parlamentario pretenden centrarse os obxectivos do proceso de reconstrución do país tras a crise do coronavirus.

O grupo socialista é o maioritario na comisión, con 13 deputados; seguido do PP, con nove. Vox ten cinco, Unidas Podemos, catro; ERC, un; o Grupo Plural, catro; C's, PNV e EH Bildu, un cada un, e o grupo mixto, sete.