CRTVG

Buscar

Patrullas motorizadas da Policía Local reforzan a seguridade en Ourense

Publicado o 14/05/2019 16:16

Oitenta efectivos forman parte en Ourense da Brigada de Seguridade Cidadá. A partir de hoxe, seis axentes ocuparanse de complementar este servizo con patrullas motorizadas.

O obxectivo non é outro que o de poder chegar a lugares de difícil acceso para os coches patrulla, ou participar en persecucións complicadas. Veranse limitados, iso si, polas condicións atmosféricas, polo que se prevé que a súa actividade sexa máis intensa nos meses de verán ou cando a chuvia non dificulte o servizo.

Os motoristas da Policía Nacional patrullan en España dende o ano 1986. O servizo estréase hoxe en Ourense, nace de momento con seis efectivos pero con idea de ampliar a unidade no futuro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019