CRTVG

Buscar

Patronal e sindicatos volverán negociar o convenio de produtos do mar

Publicado o 08/11/2018 19:05
Patronal e sindicatos volverán negociar o convenio de produtos do mar

Patronal e sindicatos retomarán este sábado as negociacións sobre o convenio colectivo do sector de produtos elaborados do mar, que celebrou tres xornadas de folga, informou a CIG nun comunicado.
A xuntanza, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais, chega tras a aprobación onte no Parlamento dunha proposición non de lei que instaba á Xunta a interceder en favor das traballadoras.

A CIG atribúe á "intransixencia" de Conxemar ante as demandas sindicais a ruptura previa das negociacións, e aféalle á patronal que botase man da "represión para intentar boicotear a folga", en alusión á actuación policial que se saldou con tres empregadas e un axente feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2018