CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Patrimonio dos Ancares pide a catalogación do Fito da Agüeira, un dos primeiros indicadores quilométricos de España

Publicado o 17/05/2017 20:39




O colectivo Patrimonio dos Ancares pide a catalogación dun singular poste de sinalización que hai en Becerreá. A xuizo deste colectivo é o único exemplar que se conserva en Galicia dos primeiros indicadores de distancia que se puxeron en España cando se adoptou o sistema métrico no reinado de Carlos III.

Técnicamente chámanlle un fito miriamétrico. Ao parecer este que se conserva na parroquia de Agüeira, en Becerreá, no antigo Camiño Real que comunicaba Galicia coa meseta, ten un gran valor porque non hai moitos coma el.

Por iso o Colectivo Patrimonio dos Ancares pide se tomén medidas para asegurar a sua conservación e poñelo en valor, como xa se fai noutras comunidades coma Cantabria.
Este fito de Agüeira marca distancia desde este punto ata Madrid e as cidades máis próximas que eran Lugo e León. É un tipo de sinalización que se instaurou no ano 1849 cando en España comezou a aplicarse o sistema métrico decimal en substitución das mouteiras herdadas da época romana.

O concello de Becerreá comprometeuse a amañar a zona onde está o fito, e pretende sumar a sua recuperación ao proxecto que promove con Pedrafita e As Nogais para revalorizar a antiga vía do Camiño Real.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí