Patíns e bicicletas terán prohibido circular e aparcar nas beirarrúas
Publicado o 07/10/2019 14:06
Os patíns e as bicicletas non poderán circular nin estacionar nas beirarrúas, segundo a nova normativa que prepara a Dirección Xeral de Tráfico.
O director xeral deste organismo explicou que o obxectivo é mellorar a seguridade viaria e a mobilidade urbana de peóns, persoas en cadeiras de rodas ou carriños de bebés. Hoxe presentouse unha campaña para promover un maior civismo nas beirarrúas.