CRTVG

Buscar

Pati Blanco presenta en Vigo o seu novo libro de poemas: "Miradas que hablan"

Publicado o 29/06/2019 12:30

O acto contou coa presenza do editor Basilio Rodríguez, a maxistrada Lola Galovart e o alcalde Abel Caballero. "Miradas que hablan" foi galardoado co Premio Internacional de Literatura Gustavo Adolfo Becquer 2019. Trátase dun poemario intimista, no que afloran inquedanzas, interrogantes ou reivindicacións, que evolucionan cara a busca dun universo equilibrado e á vez cru. A poesía de Pati Blanco, xornalista, escritor e xestor cultural, acada con esta obra un novo grao de madurez. Nado na Coruña, a súa traxectoria está especialmente influenciada pola natureza interior e o mar, presente na súa vida e na súa obra poética.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/06/2019