Patean unha camareira en Cádiz que informou de que non se podía fumar na terraza
Publicado o 22/08/2020 21:52
A prohibición de fumar a menos de metro e medio doutras persoas fai que hostaleiros e camareiros teñan que tratar estos días con aqueles clientes que se negan a cumprir as normas. Pero é que hai quen vai máis alá. É o caso desta camareira, que, ao informar unha clienta que estaba sentada na terraza do bar de que non podía fumar, recibiu unha malleira. Tirouna ao chan, agarrouna dos pelos e propinoulle unha patada na cara despois de insultala. Sucedeu en Cádiz. Tras os feitos, a clienta e o seu fillo, que tamén participou na malleira, fuxiron en coche.