CRTVG

Buscar

Pataqueiros da Limia venden na internet o excedente que aínda teñen almacenado pola pandemia

Publicado o 19/04/2020 20:43

É parte da pataca que permanece almacenada na Limia. A estas alturas, o normal é que xa se vendera toda a produción pero a parálise provocada polo COVID fai que aínda queden preto de 5 millóns de quilos nos almacéns.

Entre esas vías está a da internet. A través desta páxina web calquera consumidor pode mercar o produto que envían directamente a súa casa cunha pataca que ten como gran cualidade a conservación durante máis tempo. Unha despensa que queren baleirar antes de comezar a sementeira da nova campaña. Un futuro que afrontan, din, con incerteza.

Noticias web

19/04/2020