CRTVG

Buscar

Pastor nega ordes para obstruír a investigación xudicial sobre Angrois

Publicado o 11/02/2019 20:10

A presidenta do Congreso dos Deputados e ex-ministra de Fomento cando se produciu o accidente do Alvia, Ana Pastor, sinalou no Congreso que xamais deu unha instrución para que non se facilitase toda a información que demandara o xuíz instrutor. Ao respecto dixo que se puxo a disposición da autoridade xudicial e da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) todo canto se reuniu.

Sobre as xuntanzas coas vítimas: "Todo o que un faga é pouco, pero todas as reunións fixéronse", sinalou Pastor. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019