Pastas para acompañar o té con denominación galega
Publicado o 16/10/2020 21:09
Dumbo é o nome da mellor pasta de té galega. Fai alusión ao seu ingrediente estrela, o cacahuete, do que imita a súa forma. Con ela os irmáns Álvaro e Daniel recibiron tamén un 3º posto entre máis de 200 profesionais de toda España.
A base da galleta comeza cos ingredientes tradicionais e un toque galego. Desde o deseño pasando polos sabores e as texturas. Todo está coidado ao detalle cunha elaboración artesá que incorpora a partes iguais creatividade e innovación e tradición.
O resultado: un produto de alta repostería agora recoñecido polo sector de toda España.