CRTVG

Buscar

Pasos de ballet no mercado da praza de Lugo da Coruña

Publicado o 21/11/2019 15:28

Carmen e don José namorando entre centolas, nécoras e polbos. Os bailaríns da Compañía Nacional de Danza saíron ás rúas e achegáronse ao mercado de peixe para mostrar algúns pasos do ballet Carmen.

O coreógrafo sueco Johan Inger revisa o eterno mito de Carmen dende o norte de Europa , a través dos ollos dun neno. Un mito que nunca perde actualidade.

Clientas e vendedoras do mercado seguiron con interese e atención os movementos dos bailaríns.

Mañá volven ao Pazo da Ópera da Coruña, onde bailarán acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia.

Noticias web

21/11/2019