CRTVG

Buscar

Paso de xigante de Ares, que se afasta dos postos de perigo na ACT

Publicado o 25/07/2021 15:18

Oitava xornada da Liga Euskolabel. A bandeira de Lekeitio arrancou cunha vitoria sensacional de Ares na primeira quenda, malia os segundos de penalización. Lekeitio e Zarautz pelexaron padeo a padeo polo segundo posto. Impúxose Lekeitio pola mínima, o que beneficia a Tirán, a última nesta quenda, na loita pola permanencia.

Para a segunda rolda mellorou o vento e melloraron os tempos. En calquera caso, Urdaibai non tivo competidor. Sacoulle 20 segundos a Ondarroa, a segunda clasificada. Cabo entrou en terceira posición cun tempo de 21 minutos e 17 segundos.

Un erro na zona de cronometraxe obrigou a repetir a saída da terceira quenda, a da honra. Aquí estivo a batalla pola bandeira. Donostiarra e Santurtzi, líder da liga, mantiveron un intenso man a man de inicio. Impúxose Santurtzi, que mantén deste xeito a primeira praza e suma a segunda bandeira da temporada. Donostiarra acabou afundida e superada por Hondarribia.

Finalizada esta oitava cita do campionato, Tirán é a penúltima con 25 puntos, a 10 da salvación. Ares suma cinco e sobe ata a novena posición. Cabo da Cruz mantense na oitava praza con 46 puntos.


 

Noticias web

25/07/2021