CRTVG

Buscar

Arranca o xuízo contra Coté, o falso médico de Ferrol, que se enfronta a 343 anos de cadea

Publicado o 10/12/2020 15:27

Despois de case 13 anos de instrución, comeza o xuízo contra José Manuel López Pérez, Coté, o coñecido falso médico de Ferrol, que se enfronta a peticións de penas de máis de 300 anos de prisión polos danos causados a 129 persoas.

Ás portas do xulgado, a presidenta da Asociación de afectados polo intrusismo médico, Esther Fontán, amosou "a tranquilidade de saber que está na cadea" e engadiu que todos os afectados están "desexando pasar páxina" polo "dano físico, psicolóxico e económico" sufrido.

Fontán explica que o xuízo "non é un trago fácil, hai moita dor e ansiedade" por ter que rememorar os danos sufridos.

Noticias web

10/12/2020