CRTVG

Buscar

Paseos en dorna polo río Lérez: outro xeito de facer turismo en Pontevedra

Publicado o 08/08/2021 21:45

Chámase Surfeira, ten oito metros de eslora e é unha dorna nai única en Galicia, e con ela faremos unha travesía de corenta minutos polo río Lérez en dirección a Lourido.

Coma ela construíronse outras 36 embarcacións tradicionais agora desaparecidas. Por iso, en Pontevedra queren cederelle ese protagonismo histórico coincidindo coas Festas da Peregrina.

Tal foi o éxito que as entradas, gratuítas, esgotáronse moi rápido.

E nesta travesía, en que participan oito persoas, preténdese recuperar o esplendor deste tipo de embarcacións, pero tamén das historias da época.

Tras superar vento e tempestades, a dorna segue navegando fronte ao paso do tempo para manter o seu protagonismo como parte fundamental da paisaxe marítima galega.

Noticias web

08/08/2021