Pasea un xabaril en pleno confinamento en Portugal
Publicado o 22/01/2021 16:44
Desde moi preto de Galicia, da fronteira con Portugal, chégannos unhas imaxes ben curiosas. É un veciño de Montealegre paseando un xabaril como se dun can se tratase. Como ven, ademais o animal parece estar afeito a estes paseos.
As imaxes fixéronse virais no país veciño que, lembramos, está en confinamento xeral, polo que só se debe estar na rúa por motivos xustificados, e este home, ao parecer, pois tiña que sacar a pasear o seu xabaril.
O concello portugués de Montealegre, de onde chegan as imaxes, limita coa Limia galega.