CRTVG

Buscar

Pasan a disposición xudicial os detidos por violación dunha moza en Mallorca

Publicado o 06/07/2019 11:36

Catro detidos pola violación dunha moza turista en Cala Rajada, no concello mallorquino de Capdepera, pasaron este sábado a disposición xudicial. Aos tres detidos o xoves no aeroporto de Palma, cando estaban a piques de tomar un avión rumbo a Alemaña, sumouse un cuarto detido durante a investigación do caso.
A agresión sexual a unha compatriota súa produciuse no cuarto dun HOTEL de Cala Rajada e tras a denuncia da moza a Garda Civil interrogou os implicados neste novo episodio de violencia sexual.

Noticias web

06/07/2019