CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Pasan a disposición xudicial os detidos nas operacións antidroga de Vilagarcía e Cambados

Publicado o 16/05/2018 15:05
Operacións contra o narcotráfico no Salnés. Oito dos dez detidos pasaron esta mañá a disposición xudicial. Raquel Rosa, os dous últimos hai uns minutos... Os dous integrantes da rede turcoholandesa que pretendían distribuír 7 quilos de heroína desde o Salnés declararon esta mañá ante a xuíza de Cambados. O xulgado número 3 desta localidade e a Fiscalía antidroga da provincia de Pontevedra dirixen esta operación, que rematou con catro detidos máis. Dous deles son cidadáns portugueses que foron interceptados cando transportaban a droga e outros 20 quilos de substancias para mesturar. Estes declararon onte, un entrou en prisión e o outro foi posto en liberdade. Nesta operación tamén están detidos dous galegos. Axentes da Udyco de Pontevedra e do Equipo contra a Delincuencia Organizada da Garda Civil realizaron onte varios rexistros nunca casa en Vilalonga e tamén no centro de Sanxenxo. O trámite repetiuse nos xulgados de Vilagarcía. Alí foron catro persoas as que declararon esta mañá ante o xuíz. Son tres galegos e unha brasileira detidos nunha operación dirixida contra unha organización intermedia entre os narcos e os pequenos distribuidores. Neste caso foron comisados cinco quilos de cocaína e 20.000 euros. Os tres galegos forman parte do chamado clan Salamanca e teñen antecedentes polo mesmo motivo. Os investigadores do GRECO destacan a actividade e a loxística da rede para colocar a cocaína na rúa.