CRTVG

Buscar

Pasan a disposición xudicial os detidos na redada antidroga da Coruña

Publicado o 06/03/2020 14:25

Pouco antes das dez da mañá, os detidos saían en furgóns policiais do cuartel de Lonzas, onde estiveron custodiados desde este mércores, cara ao xulgado número 3 da Coruña para pasar a disposición xudicial.

Dous deles, detidos en Sada, están arestora no xulgado de garda de Betanzos e os dous detidos en Ferrol fixérono na Cidade Departamental. 

"Están imputados por tenencia de armas e tráfico de drogas", explicaba Manuel Ferreiro, avogado de seis dos detidos.

A operación Luna foi xestionada polo Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes que investiga organizacións de tráfico de drogas de mediano tamaño. Partía de vixilancias previas e testemuñas que sinalaban que no inmoble de Monelos, onde se efectuaron os rexistros, dedicábanse á venda de droga en pequenas cantidades.

Os 16 detidos teñen vínculos familiares, agás dous deles que son só achegados.

 

Noticias web

06/03/2020