CRTVG

Buscar

Pasan a disposición xudicial os catro detidos en Ribadeo por roubar en caixeiros

Publicado o 18/10/2021 14:37
Pasan a disposición xudicial os catro detidos en Ribadeo por roubar en caixeiros

Ao longo desta xornada pasaron a disposición xudicial os catro detidos en Ribadeo por roubar en caixeiros que previamente rebentaban con explosivos. 

A banda tiña a súa base de operacións na Mariña, aínda que actuaba en todo o noroeste peninsular e, de feito, foron pillados na allada en Oviedo. Aquí en Galicia atribúenselles varias accións. O caso está xudicializado en León.

Noticias web

18/10/2021