CRTVG

Buscar

Liberdade con cargos para os Charlíns e para catorce dos detidos na última redada

Publicado o 11/08/2018 09:33

• Para doce deles prisión provisional sen fianza

Entrevista co xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico

 

En liberdade con cargos Manuel Charlín e o seu fillo Melchor. Ambos saían a primeira hora da tarde do xulgado de instrución número catro de Vigo despois de declarar ante o xuíz.  Melchor terá que comparecer cada 15 días. Seu pai sae sen medidas cautelares. Asegura que non sabe por que o detiveron.

A operación contra o narcotráfico que dirixe o xulgado de instrución número catro de Vigo saldouse con 28 detidos. 7 quedaron libres tras pasar por comisaría. Outros catro viaxan arestora detidos cara as Canarias. Os 17 restantes pasaron hoxe a disposición xudicial en Vigo.

As declaracións neste xulgado de instrución remataron a media tarde. 16 dos detidos quedaron libres con  cargos. Entre eles Manuel Charlín e seu fillo Melchor, os irmáns colombianos que se cría eran os donos da droga e os tres tripulantes do Sempre Cacharelos, o pesqueiro que supostamente ia traer a droga a terra.

Entran en prisión 12  persoas. Entre eles os 4 tripulantes do barco nodriza, e os galegos Jacinto Santos, con antecedentes por narcotráfico, e Mario Otero, dono dunha cafetería en Boiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2018