CRTVG

Buscar

Declaran 29 detidos nunha macrooperación antidroga en Andalucía e Galicia

Publicado o 25/06/2020 10:57
Declaran 29 detidos nunha macrooperación antidroga en Andalucía e Galicia

Pasan a disposición xudicial os 29 detidos onte nunha macrooperación antidroga levada a cabo pola Garda Civil de forma simultánea en varias provincias de Andalucía e Galicia.

Segundo informaron fontes policiais, as 29 detencións da denominada operación Preticor leváronse a cabo en distintas zonas -Cádiz, Málaga, Granada, Almería e Pontevedra-, aínda que a maior parte das detencións se levaron a cabo no Campo de Xibraltar.

A operación comezara hai varios meses, cando se interviñeron varios alixos de haxix nas costas de Almería, o que lle permitiu á Garda Civil seguir a pista da organización. Na actuación de onte participaron axentes dos Grupos de Acción Rápida do Instituto Armado. Permitiu desartellar a rede e intervir bens patrimoniais, entre eles vivendas, vehículos, armas e diñeiro. Os xefes da organización foron detidos na contorna rural de Bolonia, en Tarifa, Cádiz.