CRTVG

Buscar

"Pasamos de ter un cadro de cen traballadores a agora non chegar a 60"

Publicado o 19/09/2019 11:43

Na concentración que esta mañá mantiñan os traballadores das empresas auxiliares ás portas da central de Endesa nas pontes, unha das trabaladores Rocío Maceiras explicaba como está repercutindo a paralización da factoría, "nós pasamos de ter unha plantilla de cen traballadores e agora non chegamos a 60. Entedemos que é unha situación complicada pero hai que buscar alternativas".

Luís Varela, presidente do comité de empresa nunha das factorías auxiliares cre que non se xogou limpo coa empresa que dunha maneira imprevista se viu nesta situación, aínda que confía en que haxa solucións: "Eu confío en que haxa alternativas, aínda que a esta empresa lle cambiaron o paso desde os órganos gobernamentais. Nesa transición xusta que pensabamos que se ía dar no tempo, en seis meses cambiaron o escenario. Aquí estase apostando en distintas tecnoloxías de combustible e esperamos que esas probas que se están facendo vaian adiante".