CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o home que agrediu un veciño e a súa filla cunha rozadoira

Publicado o 19/06/2017 14:30

O agredido, de 44 anos, permane en estado moi grave no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Ao parecer os problemas entre o detido e o agredido veñen de lonxe por cuestións de lindes

Prisión sen fianza para o home detido a fin de semana por atacar un veciño e a súa filla cunha rozadoira. Ambos os dous permanecen no hospital e témese pola vida do home.

Ás once menos vinte da mañá era trasladado aos Xulgados de Ponteareas o presunto agresor. A rozadoira, coa que supostamente lle causou feridas graves na testa á vítima, e tamén nunha man á filla deste, foi levada como proba dos feitos.

Ao parecer os problemas entre o detido e o agredido veñen de lonxe por cuestións de lindes.

Agora estaban á espera de xuízo por outra agresión, na que entón se tornaran os papeis. O home, de 44 anos, permane en estado moi grave no Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo, mentres que a súa filla, de 22, segue ingresada no Hospital Povisa. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017