CRTVG

Buscar

A disposición xudicial o home acusado de arremeter o coche contra o da súa muller

Publicado o 06/02/2019 14:09

Pasou a disposición xudicial no Carballiño o home acusado de arremeter co seu coche contra o vehículo en que se atopaban a súa ex-muller e o seu fillo.

Está acusado de homicidio en grao de tentativa, violencia de xénero, atentando contra os axentes da autoridade, un delito contra a seguridade viaria e outro de lesións. Cando bateu contra o coche da súa ex-parella feriu un peón que estaba preto do vehículo. Tras o suceso fuxiu. Foi localizado pouco despois e negouse a facer a proba de alcolemia. O detido, de 29 anos, non ten antecedentes por violencia machista.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2019