CRTVG

Buscar

Partido por todo o alto entre Coruña e Breogán na Leb Ouro (sábado, na G2)

Publicado o 08/01/2021 20:39

Combate no cumio entre dous pesos pesados, dous galegos en forma, que veñen de gañar, dous candidatos á ACB: O líder Breogán, nove vitorias en dez partidos, e o segundo e aspirante a todo, o Leyma Basquet Coruña. Respírase respecto máximo.

Dago Peña xogou no Breogán o ano pasado, este volveu á Coruña. Para el é un derbi sen segredos.

O mellor baloncesto da LEB Ouro, xa que logo, o sábado ás sete na TVG 2


 

Noticias web

08/01/2021