CRTVG

Buscar

Partidarios de Trump e Biden protestan nas rúas mentres os recontos avanzan paseniño

Publicado o 05/11/2020 15:19

Pola mínima, Xeorxia é un dos estados en batalla, canda Pensilvania, Nevada e Arizona.

Claves no camiño á Casa Branca que encabeza Biden, despois de impoñerse en Wisconsin e Michigan.

Con Arizona e Nevada, onde leva vantaxe, o demócrata lograría os 270 electores que o farían presidente. Pero, de momento, nada está dito.

"A verdade é que moi impacientes, porque non sabemos o resultado e parece que se vai atrasar aínda un pouco", di este galego resindente en Nova York.

Trump vai por diante en Pensilvania e Carolina do Norte. Insiste na fraude electoral e busca mellorar os seus resultados litigando. Pide un reconto en Michigan e que se pare en Xeorxia.

Sospeitas que alentan os seguidores republicanos. Protestan ás portas de colexios electorais. E armados algúns, nas rúas de Phoenix.

Hai protestas tamén contra as intencións de Trump. Contade cada voto, din en Pensilvania.

A favor e en contra dos dous candidatos ocuparon rúas en Boston, Portland e Seattle. Esta de Nova York rematou cunha vintena de detidos.

Noticias web

05/11/2020