CRTVG

Buscar

Parter visita a planta de Alcoa na Coruña e anuncia que haberá cambios na xestión

Publicado o 01/08/2019 15:47

Coa venda xa formalizada ante notario, os novos propietarios das plantas, que pasan a chamarse Alu Iberia, quixeron hoxe presentarse ante os 332 traballadores que teñen na Coruña. Mañá visitarán a de Avilés.

Juan Carlos López Corbacho, presidente do comité de empresa, asegurou á prensa que "onte foi un día para estar contentos, para celebralo. Hoxe é xa un día de traballo. Gústanos que o novo investidor estea aquí ao día seguinte reunindo aos traballadores, dando a mensaxe de que hai que traballar, hai que deixar de falar do pasado e mirar o futuro".

Parter anuncioulles que haberá cambios na xestión e na organización da planta, que requirirá formación para os traballadores. Quere potenciar a fundición e a torre de pasta, modernizando as instalacións e atraendo investidores. As cubas de electrólise, que Alcoa apagou en febreiro, seguirán paradas polo momento, ao ser o proceso que máis enerxía consome. Só se reactivarán se se abarata o prezo da luz, e para iso é preciso que o Goberno central aprobe o Estatuto para a industria electrointensiva, como lle reclaman os traballadores.

Noticias web

01/08/2019