CRTVG

Buscar

Parter Capital só garante 500 empregos en Alcoa se non se rebaixa o prezo da enerxía

Publicado o 26/06/2019 08:22

Hai acordo entre traballadores de Alcoa e o fondo suízo que quere mercar as factorías, pero con condicións e advertencias. O plan que Parter propón implica manter 500 traballadores en Avilés e A Coruña, pero os sindicatos apuntan que non se conformarán só con iso. Actualmente son 686, e os posibles novos propietarios calculan reducir o número en base a prexubilacións e outro tipo de saídas.

O fondo suízo comprometeuse a ampliar as garantías de emprego máis aló dos dous anos se se cumpren certas condicións. Hoxe reuniranse os comités de empresa das dúas plantas con Alcoa. Neste encontro, presumiblemente, os traballadores terán a constancia da venda a Parter Capital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019