CRTVG

Buscar

París despois de catro meses de mobilizacións dos chalecos amarelos

Publicado o 17/03/2019 14:16

Os campos Elisios, en París, volven á normalidade despois dunha nova mobilización dos chalecos amarelos que rematou con saqueos e altercados nas zonas máis emblemáticas da capital.

O Goberno cifrou en 32.300 os manifestantes que onte saíron ás rúas por toda Francia despois de catro meses de protestas contra as políticas económicas de Macron.

O ministro do Interior censurou a violencia da mobilización en París, onde a policía reprimiu os manifestantes con canóns de auga e gases lacrimóxenos e detivo máis de 200 persoas.

Noticias web

17/03/2019