CRTVG

Buscar

Parellas ou persoas que viven soas son algunhas das excepcións das reunións entre non conviventes

Publicado o 10/05/2021 16:00

A prohibición de xuntanzas entre non conviventes entre a 1 e as 6 da mañá entrou en vigor esta fin de semana pero a norma contempla excepcións.

As parellas, as persoas que viven soas e os pais que non comparten domicilio cos fillos menores son algunhas desas excepcións que contempla a Consellería de Sanidade para as limitacións desas xuntanzas entre non conviventes.