'Parásitos' volve deixar sen premio a 'Dolor y gloria'

Quentin Tarantino agradecendo o galardón á mellor película
Menos dun mes antes de que se entreguen os Óscar, os Critics' Choice Awards, os premios da crítica estadounidense, réndense ao filme de Quentin Tarantino 'Érase una vez en... Hollywood' recoñecéndoo como mellor película. Tamén levou os galardóns ao mellor guión orixinal -do propio Tarantino-, mellor actor secundario -Brad Pitt- e mellor deseño de produción.
Joaquin Phoenix e Renée Zellweger seguen camiñando con paso firme cara aos Óscar: el fíxose co premio ao mellor protagonista polo seu traballo en 'Joker', ao que aspiraba Antonio Banderas por 'Dolor y gloria'; ela fíxose co premio á mellor protagonista polo seu papel en 'Judy'.
'Dolor y gloria', de Pedro Almodóvar, viu de novo como a surcoreana 'Parásitos' lle volvía arrebatar o galardón á mellor película en lingua estranxeira. O seu realizador, Bong Joon-ho, compartiu, ademais, con Sam Mendes -'1917'- o recoñecemento como mellor director.
Dentro de só unhas horas saberase se a Academia de Hollywood elixe a longametraxe do manchego como candidata aos Óscar nas categorías de mellor filme internacional e mellor banda sonora orixinal, e se o papel do malagueño Antonio Banderas o leva a facerse coa súa primeira candidatura a estes premios. Tamén pode facerse coa súa primeira candidatura, como mellor actriz de comedia, a hispanocubana Ana de Armas, por 'Puñales por la espalda'.