CRTVG

Buscar

Paran sete desafiuzamentos en Barcelona

Publicado o 10/10/2019 16:23

Cada dez minutos prodúcese un desafiuzamento en España. Este de Poble Sec, en Barcelona, comezou ás seis e media da mañá.

O fondo Vauras Investment comprou este edificio hai dous anos. O seu obxectivo: baleiralo de veciños en menos de ano e medio para vender ou volver alugar a máis do dobre do prezo actual. Hai seis familias dentro. Pero non hai negociación cos inquilinos. Son clientes que non interesan.

A pesar do despregamento policial, veciños e asociacións de defensa dos inquilinos conseguen parar o desafiuzamento.

"Estou moi contenta porque pararon o desafiuzamento, porque o meu fillo e eu iamos quedar na rúa", di unha das veciñas.

Este xoves, os veciños conseguiron parar 7 desafiuzamentos en Barcelona. Outros dez seguiron adiante.

Noticias web

10/10/2019