Paralízanse os sectores do metal, a construción e a siderurxia
Publicado o 30/03/2020 21:33
A partir de hoxe paralízanse por completo sectores como a construción ou a siderurxia. Tamén o sector do metal se ve afectado.
A patronal do metal confirma que a partir de maña pecharán o 80 % das empresas do sector. Só quedarán servizos mínimos nalgunhas consideradas esenciais, como as de reparación de buques pesqueiros ou as que garanten a subministración de enerxía e telecomunicacións.
A parada xa é total noutros sectores estratéxicos, como o da siderurxia ou o da construción, que compara con infinidade de obras en marcha.