CRTVG

Buscar

Paralizada a nora das festas de Bouzas por unha posible descompensación de peso

Publicado o 22/07/2019 16:42

Dende esta madrugada quedou precintada pola Policía Local de Vigo a nora das festas de Bouzas.

Este mediodía esta atracción xa estaba practicamente desmontada e varios técnicos revisaban a súa instalación. A súa paralización debeuse a que unha das cabinas baixaba lixeiramente desprazada coa porta aberta cando unha nena de sete anos estaba dentro, o cal entrañaba risco para os usuarios. O seu propietario manifestou que isto se debeu a unha descompensación no peso. Esta nora estará nos vindeiros días en Santiago.

O dono tamén presentou o seguro de responsabilidade civil da atracción para certificar a solidez das montaxes, dado que esta nora, que xa estivo nas festas de Coia, estará nos vindeiros días en Santiago de Compostela.




 

Noticias web

22/07/2019