CRTVG

Buscar

Paradores participa nunha campaña de promoción da pescada do pincho de Burela

Publicado o 04/10/2019 14:55

A lonxa de Burela moveu o ano pasado un total 8.000 toneladas de pescada do pincho e, para este, agardan un volume de vendas semellante. Máis de 150 empresas comercializadoras distribúen esa pescada nos principais mercados do país. Arredor de 30 embarcacións descargan no porto de Burela as súas capturas deste peixe pescado con anzol.

Sergio López, xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo: "Burela é a capital da pesca de pincho por ser a lonxa galega, e non sei se nacional, con maior volume de pescada deste tipo".

A pescada do pincho de Burela é moi apreciada na cociña pola súas altas cualidades gastronómicas e nutricionais. Por iso, en Paradores decidiron participar na nova campaña de promoción desde produto.

Sergio López, xerente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo: "Esta campaña permítenos participar en dez paradores de oito comunidades autónomas e en seis rutas distintas do Camiño de Santiago".

Nos restaurantes deses paradores poderá degustarse a pescada do pincho de Burela. A campaña comeza a semana que vén.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019

Máis sobre burela