Paradela pasa a nivel baixo logo de tres semanas nun confinamento case total
Publicado o 24/03/2021 14:10
Con 17 casos de coronavirus sobre unha poboación de 1.800 habitantes, Paradela pasou as tres últimas semanas nun confinamento case total. Agora todos os contaxiados están xa practicamente repostos e a vila retoma a súa actividade.
O sector da hostalería tamén agradece o levantamento das restricións. Logo de 21 días sen abrir os locais, a nova situación permitiralles aproveitar a Semana Santa.
Os veciños, como os usuarios da residencia da terceira idade, tamén agradecen poder volver andar pola rúa sen o temor e limitacións que experimentaron nestas semanas.
Distinta situación é a do lindeiro concello do Saviñao, onde este venres pasarán a nivel alto de restricións.