CRTVG

Buscar

Paradela, o concello con maior incidencia, agarda volver axiña á normalidade

Publicado o 16/03/2021 14:36

Paradela segue á cabeza en incidencia acumulada, pero isto non asusta os veciños. Son pouco máis de 1.700 habitantes e aquí o maior pico de contaxios sumou 14 persoas.

Este é o único concello da provincia de Lugo en nivel vermello e está cerrado perimetralmente pero isto din, non é inconveniente.

O descenso no número de contaxios vai lento pero seguro e no cribado realizado entre os veciños non apareceron novos positivos.

As cifras invitan a ser positivos e agardan que na vindeira seman se relaxen as medidas.

"A actitude positiva dos veciños de non reunirse e moverse o menos posible eu creo que fará que a principios da semana que vén baixemos do nivel máximo ao medio que tiñamos antes", sinala o alcalde de Paradela, José Manuel Mato.

Din que o foco está controlado e agardan volver pronto á normalidade.

Noticias web

16/03/2021