CRTVG

Buscar

Paradela celebra a Feira do Ano cun desfile de carros tradicionais

Publicado o 15/05/2019 20:51

Con motivo da celebración da Feira do Ano, Paradela acolleu unha mostra de rubia galega. No certame puidéronse ver exemplares de ata 1.800 quilos de peso.

José Luis Rodríguez López, voceiro da Asociación para o Desenvolvemento de Paradela: "O importante sempre é o gando, como podedes ver. Á parte diso pensamos dar un pasacalle con este gando que temos aquí de exposición de raza rubia galega".

Co gallo da celebración da feira, un desfile de carros tradicionais percorreu as rúas de Paradela xunto co gando vacún e cabalar. Neste festivo local, un dos vehículos engalanados para a ocasión portaba a imaxe do San Cidre.

"Agora os carros que van e as vacas que van co xugo van exactamente coma toda a vida. Algunha vai sen iso porque non hai para todos e porque agora as vacas non están coma antigamente, cando traballaban. Agora hai vacas que están moito máis bravas. Poslles o xugo e non hai forma de ter conta delas".

José Antonio Ferreiro, gandeiro participante na mostra: "Saímos para facer un percorrido por toda a vila de Paradela cun desfile de carros, de cabalos e mais de gando rubio galego".

Como xa é tradicional nesta feira, os actos péchanse cunha degustación de tenreira galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019