CRTVG

Buscar

Para o Raio tamén será unha final á procura do ascenso a Primeira División

Publicado o 25/05/2021 21:35

O Lugo deu un paso fundamental para pelexar pola permanencia, na última xornada volve depender de si mesmo. E iso reforza a moral e as posibilidades.

Campabadal

O Lugo líbrase do descenso se gaña en Vallecas. Pero se empata ou perde teno complicado porque só ten o gol average gañado co Logroñés e os rioxanos reciben ás Palmas que non ten obxectivos, igual que o rival do Sabadell. En caso de triplo empate a 44 descende o Lugo. Con triplo empate a 45 descende o Lugo e só un cuádruplo empate salva os galegos pero tería que gañar o Castellón, que xa está descendido.

E o Raio vai estar xogándose unha praza de playoff polo ascenso co Sporting e e se os asturianos gañan no Molinón so lles vale a vitoria.

Campabadal+Gerard Valentín

O Lugo chega á súa final en pleno subidón e con Gerard Valentín on fire, despois dos dous goles ao Cartaxena.

Valentín, pletórico

A cabeza terá que gañarlle ás pernas esgotadas.

Campabadal

A experiencia de vivir no fío da navalla tamén conta.

Noticias web

25/05/2021