Para o presidente do Ourense C. F., que haxa datas para a promoción a 2ªB "motiva os xogadores"
Publicado o 20/05/2020 16:20
Haberá tests para os equipos de 2ªB e 3ª que disputen o playoff de ascenso exprés. Serían na primera semana de xuño.
Antes do 4 de xuño deberán inscribirse os equipos con dereito a disputar o playoff. A federación indica que desde agora poderían ter adestramentos individuais. As sesións colectivas non poderán comezar antes do 1 de xuño e a normalidade total a partir do 15 de xuño.
Os playoff comezarían un mes despois, o 18 de xullo. E a final sería sete días despois. No caso da 3ª galega, a final polo ascenso á 2ª B celebraríase o 25 de xullo.
Esta é a folla de ruta que marca a federación e que deberá ser aprobada.