Máis de 70 voos cancelados na segunda xornada de folga no aeroporto de Barcelona
Publicado o 28/07/2019 17:02
No aeroporto do Prat continúa a folga do persoal de terra de Iberia, que hoxe obrigará a cancelar, polo menos, outros 73 voos.
Nunha xornada con máis de 1.000 operacións programadas, os paros está afectando outras compañías. British Airways tivo que cancelar 8 voos con saída ou destino no aeroporto barcelonés.
Ás cancelacións hai que sumar os atrasos acumulados desde onte polas condicións meteorolóxicas. Os sindicatos aseguran que se Iberia non senta a negociar poderían convocar novas protestas.