CRTVG

Buscar

Para frear os contaxios en Cataluña, a Generalitat pídelles a dous millóns oitocentos mil cataláns que eviten saír da casa

Publicado o 18/07/2020 21:19

As cifras do coronavirus seguen á alza en Cataluña. Nas últimas 24 horas rexistráronse tres mortes, seis ingresos en UCI e 1.226 contaxios novos.
O ministro Illa cre que non se pode falar dunha segunda vaga pero si dunha transmisión comunitaria que hai que controlar.

Con ese propósito, a Generalitat prohibiu desde hoxe en Barcelona e noutros doce municipios da área metropolitana as reunións de máis de dez persoas, limitou ao 50% a capacidade de bares e restaurantes, restrinxiu as visitas as residencias de maiores e pechou cines, teatros, locais de ocio noctuno e ximnasios.
Ademais recomenda que a xente só saia da casa para o esencial. Algo que tamén pide nas comarcas do Segrià e da Nogueira, en Lleida.

Esta moza teme que mentres non sexa unha obriga, non todos farán caso.

Esta mesma tarde a Garda Urbana pechou varias praias da capital por aglomeracións e detectáronse retencións de tráfico na Costa Brava.
As autoridades sanitarias catalanas advirten, porén, que se os datos non melloran non descartan o confinamento domiciliario.

O presidente Torra reuniuse cos alcaldes dos concellos afectados polas restricións logo de que se queixasen de que non consensuara as medidas con eles antes.

Noticias web

18/07/2020