CRTVG

Buscar

Para as fogueiras é preciso un permiso do concello e cumprir as normas

Publicado o 19/06/2019 17:36

Só uns días antes da noite máis festeira do ano e co lume como protagonista non está de máis lembrar algunhas recomendacións para que a noite transcorrra sen sobresaltos. O primeiro, contar co permiso necesario para prender a fogueira, un permiso que tramitan os concellos e que establece unha condicións.

"A fogueira non pode pasar dos dous metros de alto e os catro de ancho. Ten que estar rodeada dunha faixa limpa, manter unha distancia de seguridade das casas, vehículos e outros elementos combustibles", din dende Protección Civil de Cuntis.

Malia contar co permiso necesario, pódense dar certas circunstancias que desaconsellen acender a cacharela.

"Se vai vento ou a fogueira está en zonas elevadas e hai moito vento, o Concello xa o advirte ao conceder o permiso, pode mandar os servizos municipais e prohibila se fai moito vento ou se o índice de risco de incendio forestal é moi alto, tamén", comentan dende Protección Civil.

Chegado o momento de saltar a cacharela cómpre facelo con sentidiño para evitar accidentes.

"Despois, ao mesturar festa e bebida, a xente debe mirar, quen vaia saltar debe mirar, por se non se percibe ben o ancho e o alto da cacharela",  lembra o Xefe de Protección Civil de Cuntis.

Nas fogueiras multitudinarias é obrigatorio, ademais, contar cun seguro de responsabilidade civil co que facer fronte a posibles problemas.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019